Un veciño de Vila de Cruces sufriu este luns un corte nun brazo coa radial que manipulaba nun alpendre da súa casa, no lugar de Cedelle, pertencente á parroquia de Larazo.
O home, duns setenta anos, segundo apuntaron fontes de Protección Civil da localidade, foi trasladado en helicóptero, consciente, ao Hospital Clínico de Santiago.
O incidente ocorreu ao redor das 10.00 horas. Ao lugar desprazáronse, ademais dos medios xa mencionados, unha ambulancia do 061 e axentes da Garda Civil e da Policía Local de Vila de Cruces.