Atresmedia ofrece un debate a catro tras o veto a Vox

Sánchez móstrase disposto a participar tras o cambio de formato

Imagen promocional del debate de Antena 3 A3
photo_camera Imaxe promocional do debate de Antena 3. A3

O presidente do Goberno e líder do PSOE, Pedro Sánchez, está disposto a participar en debates con formato distinto ao vetado este martes pola Xunta Electoral Central (JEC), que ditaminou que Vox non cumpre os requisitos para asistir a un debate a cinco cos candidatos das catro primeiras forzas políticas no Parlamento español. Atresmedia xa ofreceu un debate a catro sen Vox.

Así o decidiu o Comité Electoral do PSOE, que anuncia a disposición de Sánchez a debater "con outros candidatos nos termos acordados polo\/os medios de comunicación que organicen o debate e os representantes de todas as forzas políticas concernidas, sempre no marco legal fixado pola Xunta Electoral Central", informaron fontes do partido. 

O PSOE, engaden as mesmas fontes, "desexa participar en debates xa que cre na súa utilidade para que a cidadanía coñeza as propostas das diferentes forzas políticas". 

Vox non cumpre os requisitos
Tras coñecer a decisión da JEC en torno ao debate a cinco proposto por Atresmedia e que o órgano supervisor cre que non respecta o principio de proporcionalidade, o Comité Electoral do PSOE sinala que "respecta" esta decisión e que "escoitará e estudará as distintas alternativas de debate que se expoñan nos próximos días". 

A JEC reclamou cambios no debate de Atresmedia previsto para o vindeiro martes 23 de abril, xa que considera que o seu deseño actual é "contrario ao principio de proporcionalidade" que se esixe ás televisións privadas en período electoral porque a presenza de Vox non está xustificada e rompería o principio de proporcionalidade que deben respectar as televisións privadas. 

O organismo supervisor basea o seu razoamento en que Vox aínda non ten representación parlamentaria e polo tanto non estaría xustificada a súa presenza antes que a doutras forzas que, aínda non sendo os grupos máis maioritarios, si teñen escanos no Congreso. 

Sendo aínda unha forza extraparlamentaria, Vox tampouco cumpre o requisito que lle permitiría recibir un trato preferente como sería que conseguise polo menos un 5 por cento dos votos nunhas eleccións de ámbito nacional, por ser La Sexta e Antena 3 cadeas que se emiten en todo o país. 

Comentarios