Morre un veciño de Sarria implicado no choque frontal do Páramo

A vítima, de 69 anos, foi evacuada en helicóptero ao Hula ►Outras tres persoas, entre elas un neno, resultaron feridas o sinistro

 

Momento en la víctima es evacuada en helicóptero. PORTO
photo_camera Choque frontal entre dous coches no Páramo. EP

Un home de 69 anos faleceu tras ser trasladada ao hospital e outro tres persoas, entre elas un menor, presentan lesións de diversa consideración tras verse implicados este sábado un accidente rexistrado no Páramo. Todos eles foron trasladados ao Hula.

É o segundo sinistro de alcance que se produce no municipio lucense en pouco máis de 24 horas, despois dun atropelo ocorrido este venres e no que tamén resultou ferido grave un sexagenario.

O accidente deste sábado produciuse sobre as 15.50 horas na estrada que vai da Pobra de San Xiao a Páramo, á altura de Paredes. Un coche, no que viaxaba o ferido máis grave, invadiu o carril contrario e produciuse unha colisión frontal con outro vehículo, no que ían tres persoas: un home de 72 anos, unha muller de 48 e un neno de dez.

O ocupante do primeiro vehículo, veciño de Sarria, foi evacuado en helicóptero ao Hula, e ingresado en a Uci, onde finalmente faleceu. O resto foron trasladados en ambulancias. Ata o lugar tamén se desprazaron os bombeiros de Sarria e efectivos de Tráfico.

Comentarios