O mozo de 22 anos cuxa pista se perdeu na madrugada do venres nunha céntrica discoteca de Ourense, apareceu este luns san e salvo, segundo informaron fontes da Comisaría Provincial de Policía. Foi trasladado á Unidade de Psiquiatría do Hospital da cidade porque non lembra "nada" do ocorrido e o seu relato está cheo de "incoherencias".
O mozo regresou polo seu propio pié e sen danos físicos, aínda que un pouco "aparvado", e polo momento ignóranse as causas da súa desaparición. Os amigos perdéranlle a pista o venres pasado, ás tres e media da madrugada, cando foi visto por última vez na céntrica rúa de Valle-Inclán, de Ourense.
Por mor da desaparición, os investigadores activaron un operativo de procura e mantiveron todas as liñas de investigación abertas, analizaron o móbil do mozo e tomaron declaración a testemuñas para dar co seu paradoiro.