Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo

Esta cita gastronómica celebrarase entre os días 1 e 5 de febreiro, no recinto feiral de Ourense.

O recinto feiral abrirá as súas portas o mércores día 1 de febreiro ás 10.45h. Alí, o presidente da Fundación Española para a nutrición, D. Gregorio Varela Moreiras, ofrecerá unha conferencia.

Para estes días hai programadas diferentes actividades: conferencias, talleres culinarios, degustacións de produtos típicos galegos, así como tamén catas de viño. Ademais, a música tampouco faltará neste encontro gastronómico, xa que haberá actuacións de grupos folclóricos.

Comentarios