A festa da rosquilla de Gondomar, cita obrigada

A orixe da Festa da Rosquilla, xurdiu nunha viaxe a Portugal. Tiñan a idea de crear unha festa gastronómica cun produto característico da zona, que servise ao mesmo tempo para promocionar a imaxe do pobo. Decidiron que o mellor produto en calidade e cantidade que os podía representar era a rosquilla. Fixeron coincidir a festa co día do Irmandamento co Gondomar portugués, que leva a cabo o primeiro domingo de xullo. A primeira data da exaltación da rosquilla foi en 1992.

O produto exaltado son as rosquillas brancas e hojaldradas ademais doutros doces como son os melindres e boleardos.

Nunha cunca de barro, conmemorativa do festexo, pódese degustar o viño verde de Portugal e o viño do país da zona.

Este ano celébrase a VII Edición da Festa da Rosquilla, tras catro anos sen festa, esperando que se pasen por Gondomar miles de visitantes.

Cada ración de rosquillas leva seis pezas: 1 rosquilla branca, 1 melindre, 1 boleardo, 2 hojaldres e 1 conguito. O prezo son 1,50 euros que dá dereito a unha cunca conmemorativa e viño branco e tinto a repetir tantas veces como se queira.

Comentarios