Primeira Feira de exaltación do xamón galego en Villalba

A Consellería de feiras e mercados, dirixida por Consolo Grandío, organiza, por primeira vez a feira de Exaltación do Xamón Galego en Villalba, coincidindo co mercado mensual.

Mañá martes ás 11:00 da mañá presentarase no Centro Sociocultural Caixa Galicia de Lugo o cartel da feira e o programa de actividades, a cargo de Gerardo Criado, alcalde de Villalba, a mesma concelleira e representantes do sector cárnico da zona. Tamén acudirá á presentación, José Mouriño, xefe do Servizo de Control de Calidade Agroalimentaria e Industria da Consellería de Medio Rural en Lugo.

A feira desenvolverase os días 4 e 5 de xullo na praza da Constitución da localidade.

Desde as 20 horas do sábado os postos colocados na praza ofrecerán ao público os seus mellores produtos cárnicos e outros produtos da zona, co xamón como protagonista indiscutible.

Comentarios