Opinión

Igual método, distinta circunscrición

O PROBLEMA, se é que o hai, non se debe á Lei D’Hondt, senón ás circunscricións. O reparto que se fai coa fórmula do xurista belga é dos máis equitativos, tendo en conta a imposibilidade de que a proporción sexa exacta, porque para iso é un sistema de representación, non asembleario. Cada vez que se celebran eleccións algún partido quéixase porque recorrendo a outros métodos podería lograr máis escanos, pero si é certo que canto máis grande é a circunscrición máis fiel é a adxudicación. Entón o lóxico sería que nunhas eleccións xerais e nas autonómicas se votara unha lista única, non tantas como provincias hai, de tal xeito que así todos os votos valerían igual. Porque cando se aprobou a lei a filosofía era que os electos representaban aos cidadáns, pero sabido que non é certo, que representan aos partidos, dá igual que saian elixidos por Lugo, Zamora, Madrid ou Barcelona.

Comentarios