martes. 30.11.2021 |
El tiempo
martes. 30.11.2021
El tiempo

Nutridos da cultura da ilegalidade

BOA PARTE da cidadanía transixe coa corrupción. Quizais porque na sociedade existe bastante máis delincuencia da que consta nos rexistros xudiciais, xa que se dan múltiples transgresións das leis que quedan impunes (pagos en negro, excesos de velocidade na estrada, por poñer casos habituais, sen entrar nos máis estridentes). Sabedores disto e da permisividade coa vulneración das normas, dirixentes de partidos con flagrantes asuntos e perversión pretenden manterse en primeira liña e aspiran a seguir.

O piar da corrupción é a cultura da ilegalidade, por iso os máis inobservantes das leis recorren ao argumento de que todos os partidos son iguais e os seguidores repíteno para os demais e para si co ánimo de autoconvencerse de seguir votando ao mesmo. Un país con mínima calidade democrática e maioría cidadá contraria á ilegalidade non permitiría partidos corruptos.
 

Nutridos da cultura da ilegalidade
Comentarios