viernes. 22.10.2021 |
El tiempo
viernes. 22.10.2021
El tiempo

O recurso do ventilador

PODE PARECER parecer un axuste de contas, pero é moito máis prosaico. As acusacións que algúns imputados fan nos xulgados buscan beneficios penais. Os casos de corrupción non son excepción, e así implicados como Correa, Costa ou Granados disparan cara arriba como argumento defensivo. As máis das veces as incriminacións son só de palabra, sen probas, pola dificultade de aportalas, e na instrución pódese proceder á investigación ou rexeitala. Na operación Campión José Blanco e Fernando Blanco sufriron dolorosos procesos tras ser vinculalos na trama, sen documentos, por un inculpado; pola contra agora a acusación de Granados contra Cifuentes e Aguirre non é tida en conta pola Fiscalía Anticorrupción. Pero este recurso do ventilador cando hai representantes públicos afectados é bidireccional, xurídico e político. Independentemente do primeiro, o segundo sempre ten efectos.

O recurso do ventilador
Comentarios