domingo. 23.01.2022 |
El tiempo
domingo. 23.01.2022
El tiempo

Os xulgados, protagonistas da política

ALCALDES, CONSELLEIROS, presidentes autonómicos, centos de persoeiros viron como a súa carreira pública se truncaba nunha instrución. Os xulgados adquiriron tanto protagonismo como parlamentos e concellos. Cando aínda non se esgotara o século XX a xudicialización política era excepción e motivo de crítica co argumento de que non se debía gañar nun tribunal o perdido nas urnas; pero esa concepción virou, e agora políticos diante do xuíz son habituais e chega ao estremo de que ata haxa un Goberno no cárcere por decisións tomadas nun Parlamento e que un partido, o máis votado en España, remate nun banco dos acusados por destrución de probas da súa corrupción xeralizada, como así é considerado por un xuíz. Ou somos un país delincuente ou se cambian os conceptos, ou ambas as dúas cousas, pero isto é irrespirable, porque a política non debe hospedarse nos xulgados.

Os xulgados, protagonistas da política
Comentarios