
Emma Torres, decana de Ciencias Sociais e Comunicación de Pontevedra, protagonizou un dos grandes momentos da tempada en ¡Ahora Caigo!.
Durante o programa emitido este luns, Torres, natural de O Grove, tiña que adiviñar un lugar coa pista "foi motivo de conflito". Ela tirou pola súa terra e respondeu "o istmo da Lanzada", ante o que Arturo Valls, que non sabía do que falaba, lle preguntou: "Chiquito da Calzada?".
O certo é que a proba continuou e, na súa segunda resposta, a decana de Ciencias Sociais dixo a Canle de Panamá. Non ía desencaminada, xa que o seu rival, na súa quenda, e recollendo a luva da galega, apostou pola Canle de Suez. E acertou.
Así foi como Torres quedou eliminada tras protagonizar un episodio que Antena 3 cualificou de "momentazo insólito".