Vídeos

Unha atleta estadounidense sofre un colapso no ironman de Frankfurt

Cuando só quedaba un kilómetro para chegar á meta do ironman de Frankfurt, a atleta estadounidense Sarah True sufriu un colapso que a obrigou a retirarse da proba. A deportista xa padecera os efectos das altas temperaturas –case 40 graos– en momentos anteriores da proba, pero intentou continuar ata que non puido máis e perdeu o coñecemento. 

Tras nove horas de proba, True avantaxaba en 7 minutos á segunda atleta.