Bernando Montoya cambia de versión e di que foi a súa ex quen matou a Laura Luelmo

Segundo Espejo Público, asegura agora que o fixo para que a súa ex parella non entrase en prisión

Bernardo Montoya, a su llegada a los juzgados de Valverde del Camino. RAÚL CARO
photo_camera Bernardo Montoya, a su llegada a los juzgados de Valverde del Camino. RAÚL CARO

Bernardo Montoya, o asasino confeso da zamorana Laura Luelmo, cambiou agora a súa versión dos feitos e inculpou a súa exmoza.

Segundo informa Espejo Público, o home asegura que o fixo para que Josefa, como se chama a súa exparella, non entrase en prisión.

"Por respecto á miña familia non vou quedar como un asasino e violador dunha moza coa idade da miña filla", explicaría agora Montoya a uns funcionarios de prisións, cos que pediu falar.

"Decidín autoinculparme para librar á miña exmoza do cárcere. Eu xa estou afeito a esta vida. Pero non me vou comer o marrón de Josefa", asegurou na súa nova versión, segundo a cal a súa exnovia mataría a Laura Luelmo cun martelo.

Comentarios