Detido un sétimo implicado na violación grupal a unha menor en l'Olleria

A Garda Civil de Xàtiva investiga se a vítima puido ser intoxicada con algunha sustancia no transcurso dunha festa

A Garda Civil detivo a un home de 32 anos pola súa presunta implicación na violación grupal a unha menor de 14 no municipio valenciano de l'Olleria, o que eleva a sete o número de arrestados por este feito, catro dos cales se atopan xa en prisión.

Segundo fontes do instituto armado, o home, que foi detido este luns, é nacionalidade búlgara.

A pasada semana foron detidos outros seis homes, un menor de idade, por un presunto delito de delito de agresión sexual, abuso sexual contra a menor e omisión do deber de impedir delitos, sen prexuízo de ulterior cualificación.

Tras ser postos a disposición xudicial, o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ontinyent, en funcións de garda, acordou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza de catro deles.

O quinto, menor de idade, pasou a disposición da Fiscalía de menores, e o sexto quedou en liberdade con cargos tras prestar declaración ante a Garda Civil, que investiga os feitos que se produciron na madrugada do pasado sábado nunha paraxe próxima ao centro urbano de l'Olleria.

A Garda Civil de Xàtiva investiga se a vítima puido ser intoxicada con algunha sustancia no transcurso dunha festa.