Gere, Buenafuente e Paula Vázquez piden que se deixe partir ao Open Arms

Drexler, Dani Rovira ou Jordi Évole son outras das personalidades que participan nun vídeo en favor do barco humanitario

El buque de rescate humanitario Proactiva Open Arms. DOMENECH CASTELLÓ (EFE)
photo_camera El buque de rescate humanitario Proactiva Open Arms. DOMENECH CASTELLÓ (EFE)

Os actores Richard Gere e Javier Bardem e o humorista Andreu Buenafuente, entre outros, pediron este xoves nun vídeo publicado pola ONG Proactiva Open Arms que o Goberno deixe partir ao barco Open Arms, bloqueado no porto de Barcelona desde principio de xaneiro.

Outros actores, xornalistas, cantantes ou presentadores televisivos como Dani Rovira, Clara Lago, Jordi Évole, Jorge Drexler, Noemí Galera, Alfred Garcia, Paula Vázquez ou Lucía mostran no vídeo pancartas con mensaxes como "salvar vidas non é delito", "free Open Arms" ou "eu son un criminal".

A publicación do vídeo no Twitter de Open Arms vai acompañada dunha mensaxe da organización: "Sodes cómplices. Cómplices de non deixar ningunha vida á deriva, de protexer aos que queren facer invisibles. Cómplices desobedientes para romper o silencio que nos impoñen. Que nos escoiten alto e claro. Se salvar vidas é un crime, todos somos criminais. #FreeOpenArms".

A campaña coincide coa comparecencia este xoves do ministro de Fomento, José Luís Ábalos, no Congreso para explicar o bloqueo do Open Arms e do Aita Maria nos portos de Barcelona e Pasaia (Guipúzcoa), respectivamente, despois de que o grupo confederal Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea, Compromís e PDeCAT así o solicitasen. 

Comentarios