O Goberno nomea a Carmen Castresana nova directora de Planificación de Investigación

A científica foi nomeada recentemente membro do Comité Asesor Externo da Xunta de Galicia
Carmen Castresana. EP
photo_camera Carmen Castresana. EP

O Consello de Ministros aprobou este martes o nomeamento da científica Carmen Castresana como directora xeneral de Planificación da Investigación, dentro da organigrama do Ministerio de Ciencia e Innovación de Pedro Duque.

Castresana foi recentemente nomeada membro do Comité Asesor Externo da Xunta de Galicia e do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) na Coruña.

Segundo a información que facilita Moncloa, Carmen Castresana é doutora en Ciencias Biolóxicas pola Universidade Complutense de Madrid, e traballou no departamento de Bioloxía Celular da Universidade Rockefeller en New (USA), na Universidade de Philadelphia (USA) e no departamento de Xenética da Universidade de Gante (Bélxica), incorporouse en 1991 ao Centro de Investigacións Biolóxicas (CIB) do CSIC como Científico Titular.

Tamén traballou no Centro Nacional de Biotecnoloxía (CNB) do CSIC onde dirixiu o departamento de Xenética Molecular de Plantas e ocupou o posto de vicedirectora.

Carmen Castresana obtivo 27 proxectos de investigación, 6 deles europeos integrados por gran número de investigadores, sendo responsable da coordinación nun deles, e dirixiu 16 teses doutorais e o traballo de 20 investigadores post-doutorais.

Ademais, formou parte do Consello Científico Asesor da Rede de Biotecnoloxía Vexetal Europea (EPBN), da Xunta Directiva da Sociedade Española de Biotecnoloxía (SEBiot), da Xunta Directiva da Sociedade Española de Bioquímica e Bioloxía Molecular (SEBBM), do Comité Asesor do CSIC na área de Bioloxía Molecular e Biomedicina.

Comentarios