O incrible parecido entre Justin Trudeau e un concursante dun 'talent show' afgán

A popularidade de Abdul Salam Maftoon non parou de incrementar desde que un dos xuíces do concurso se decatou do parecido

O cantante de orixe afgá Abdul Salam Maftoon alcanzou relevancia mundial durante os últimos días polo seu incrible parecido co primeiro ministro canadense, Justin Trudeau. Numerosas fotos e vídeos de ambos circulan pola rede demostrando as similitudes físicas entre o político e o concursante do programa de televisión Afghan Star.

Foi Qais Ulfat, un dos xuíces do talent show, o que descubriu o curioso parecido. "Parécese ao meu primeiro ministro", declarou.

Nese momento, Salam Maftoon admitiu que non coñecía a Trudeau pero tras ver varias fotos recoñeceu que as súas caras tiñan trazos en común. "Este parecido aumentou as miñas oportunidades de gañar nun 50%. A xente esqueceu o meu nome e agora só chámanme Justin Trudeau", afirmou o concursante. 

Comentarios