
Sáenz de Santamaría: "Empeza a festa"
Unidos Podemos rexistrou unha proposta de veto xeneral ao proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado de 2018 e a todas as seccións, logo de apoiar a moción de censura contra Mariano Rajoy e a pesar de que o PSOE decidiu retirar o seu veto e todas as súas emendas parciais.
Outros catro grupos que votaron a favor da moción de censura presentaron tamén emendas: PDeCAT, EH Bildu, ERC e Compromís.
O grupo parlamentario de Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea rexistrará ademais preto de 2.300 iniciativas parciais ás contas públicas.
O prazo para rexistrar os vetos ao Orzamento no Senado finalizou este venres ao mediodía e Unidos Podemos argumentou a súa petición de devolución en que os Orzamentos seguen ancorados na lóxica da austeridade xa que a pesar de que o nivel do PIB superou xa os niveis previos á crise, o gasto público atópase lonxe de recuperar os recortes acumulados.
Os vetos presentados polos teóricos aliados de Sánchez motivaron un xocoso comentario da vicepresidenta do Goberno: "Empeza a festa".