A remuda de Rajoy no PP acelérase: Feijóo ou Soraya Saénz de Santamaría

Varios dirixentes populares cren que é o momento de elixir un novo líder e mostrar unha imaxe de renovación

Soraya Sáenz de Santamaría y Alberto Núñez Feijóo. PEPE FERRÍN
photo_camera Soraya Sáenz de Santamaría y Alberto Núñez Feijóo. PEPE FERRÍN

A caída de Mariano Rajoy como presidente do Goberno pode precipitar a substitución no liderado do PP. Algúns dirixentes no partido cren que, unha vez perdida a Moncloa tras a sentenza do caso Gürtel, é o momento de renovar o partido, para rexeneralo e afrontar as seguintes citas electorais con garantías.

Dous nomes están sobre a mesa. Son os mesmos que levan tempo nas quinielas sucesorias. El Mundo vai máis aló e este venres publica que hai un importante grupo de dirixentes populares que quere elixir xa un substituto para Rajoy. Alberto Núñez Feijóo e Soraya Sáenz de Santamaría son os candidatos con máis papeletas, aínda que non se descartan movementos de María Dolores de Cospedal, inimiga acérrima da vicepresidenta do Goberno saínte e quen este xoves xa asumiu galóns para anunciar en rolda de prensa que Rajoy non dimitiría.

Núñez Feijóo, que esta mesma semana brindou a súa lealdade a Rajoy de forma contundente ("non son un Xudas", chegou a dicir), está considerado como un sopro de aire fresco: mantén con firmeza a maioría absoluta en Galicia e o seu discurso soa renovado. Esta mesma semana, o presidente da Xunta defendeu que o seu partido debía pedir perdón tras a sentenza da Gürtel para borrar toda sombra de corrupción.

¿E Galicia? Esa é a gran incógnita. Se Feijóo emprende o tantas veces anunciado voo a Madrid, tanto o PPdeG como na Xunta habería de afrontar unha substitución.

Comentarios