Santamaría acepta debater con Pablo Casado

A exvicepresidenta do Goberno advirte que prefire un "diálogo para o acordo"

Casado y Saénz de Santamaría se saluda, con Cospedal cerca. JUAN C. HIDALGO
photo_camera Casado y Saénz de Santamaría se saluda, con Cospedal cerca. JUAN C. HIDALGO

A candidata a presidir o PP, Soraya Sáenz de Santamaría, dixo este domingo que acepta o debate que lle propuxo o tamén aspirante a liderar o partido, Pablo Casado, pero advertiulle de que é preferible o "diálogo sincero para o acordo".

Nun acto público con militantes no municipio madrileño de Coslada, Sáenz de Santamaría referiuse así á proposta de Casado, recollida nunha entrevista que publica este domingo ABC, na que pide debater coa candidata e gañadora da primeira volta, porque o "debate de ideas" é unha "necesidade" no partido.

Santamaría recordou a Casado que os debates son para "confrontacións ideolóxicas con adversarios" e no PP, insistiu, hai que expor debate "como diálogo para o acordo".

No entanto, comentou que o debate non lle supón "ningún problema", está afeita facelo no Parlamento e, ademais, "con quen van ser os nosos adversarios nunhas eleccións" e aquí citou a Pedro Sánchez, a Pablo Iglesias e a Albert Rivera.

Comentarios