A triste historia da parella de modelos que morreron abrazados

Michelle Ávila e Christian Kent eran coñecidos como os Romeo e Julieta do surf

Michelle Ávila e Christian Kent. INSTAGRAM
photo_camera Michelle Ávila e Christian Kent. INSTAGRAM

Michelle Ávila e Christian Kent, coñecidos como os Romeo e Julieta do surf, eran dous profesionais deste deporte que máis tarde alcanzaron a fama como modelos. A parella de namorados compartía fotos en redes sociais onde mostraba a súa idílica relación. Sorprendentemente, o pasado 14 de outubro, os mozos apareceron mortos nunha cama. 

A noite anterior, Michellle e Christian, de 23 e 20 anos respectivamente, asistiran a unha festa e regresaron pronto á casa materna da moza en Newport Beach (California). Ao chegar, a moza despediuse da súa nai, Adriana, e foise a durmir xunto a Christian.

Horas máis tarde, Adriana volveu de traballar e ao ver que Michellle e Christian non respondían ás súas chamadas decidiu entrar na habitación. Alí atopounos sen vida e abrazados.

A parella morreu por sobredose, segundo desvelou a autopsia. Ao parecer, os mozos consumían drogas habitualmente pero o mantiñan en segredo.