O VIH e a celiaquía non será motivos de exclusión para acceder ao Exército ou á Policía

Esta medida afectará a preto de 7 millóns de persoas que padecen algunha destas patoloxías

Oficiais do Exército e a Garda Civil. EFE
photo_camera Oficiais do Exército e a Garda Civil. EFE

O Goberno acordou este venres eliminar o VIH, a diabetes, a celiaquía e a psoriasis como motivo de exclusión para acceder a calquera emprego público -entre eles as Forzas Armadas e os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado- como ocorre ata agora.

Así o anunciou este venres a vicepresidenta do Goberno, Carmen Calvo, na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, na que explicou que o Executivo vai revisar todos os cadros de exclusións médicas vixentes para acceder á función pública.

"Falamos do seguinte: levantar estas causas de exclusión polo simple diagnóstico para o caso do VIH, a diabetes, a psoriaris e a celiaquía", anunciou a vicepresidenta do Goberno.

Esta medida afectará a preto de 7 millóns de persoas que padecen algunha destas catro patoloxías e que, segundo Calvo, "convertéronse en verdadeiros estigmas e en trabas discriminatorias", xa que os cadros médicos de exclusión para acceder a determinados postos públicos prohibían a concesión da praza a estes colectivos.

Á hora de tomar esta decisión -unha reclamación que os colectivos de pacientes veñen esixindo desde hai anos- o Executivo tivo en conta todos os requisitos científico-médicos que avalan que polo simple diagnóstico destas enfermidades "non se pode discriminar nin pechar o paso a quen quere acceder a función pública".

Os empregos públicos aos que se refire esta medida afectan á Administración civil e militar, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e o emprego laboral, segundo sinalou Calvo.

A vicepresidenta do Goberno e ministra de Igualdade aludiu ao artigo 14 da Constitución, que establece que todos os españois son iguais ante a lei, sen que poida prevalecer discriminación algunha, e á lei de igualdade de trato.

"Son millóns e millóns de mulleres e de homes que polo simple diagnóstico ven reducidas as súas posibilidades de obter un trato de igualdade", denunciou

Comentarios