Benedicta Sánchez xa ten a súa estrela no Torreiro de Cans

A actriz corguesa e o fonsagradino Amador Arias participaron nun coloquio organizado polo festival de cine
Benedicta Sánchez, coa súa estrela na pasada edición do Festival de Cans. SALVADOR SAS (EFE)
photo_camera Benedicta Sánchez, coa súa estrela en Cans. SALVADOR SAS (EFE)

Benedicta Sánchez colocou este xoves a súa estrela no Torreiro de Cans. O festival de cine quixo homenaxear así á gañadora dun Goya por O que arde, filme dirixido polo lucense Oliver Laxe.

Benedicta Sánchez, coa súa estrela en Cans. SALVADOR SAS (EFE)Previamente, a actriz corguesa, de 85 anos, e o seu compañeiro de reparto, o fonsagradino Amador Arias, participaron no coloquio Intérpretes por Azar, enmarcado dentro dos Encontros AISGE XVII.

Benedicta Sánchez afirmou que volvería a traballar con Oliver Laxe sen dudalo se el llo propuxera. "Xa lle dixen: 'si tú me dices ven, lo dejo todo".

Tamén estiveron presentes no coloquio a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e a delegada de AISGE en Galicia, a actriz Isabel Blanco.

Comentarios