miércoles. 22.09.2021 |
El tiempo
miércoles. 22.09.2021
El tiempo

Carlos Luis Rodríguez gaña o Premio Alvite polo seu labor como columnista

Carlos Luis Rodríguez. EP
Carlos Luis Rodríguez. EP

Recibirá o 3 de maio o galardón, no que sucede a José de Cora

 A Asociación de Periodistas de Galicia (APG) acordou por unanimidade outorgar o Premio de Columnismo José Luis Alvite ao xornalista Carlos Luis Rodríguez. A ampla traxectoria do galardoado está ligada con El Correo Gallego, xornal onde Rodríguez desenvolve, dende hai máis de quince anos, a súa actividade como columnista de xeito habitual.

Ademais disto, o xornalista encargouse da direción e presentación de programas de entrevistas e debates na Televisión de Galicia. Así mesmo, Rodríguez foi dos primeiros
reporteiros españois en falar con Yaser Arafat.

Os Premios Alvite recoñeceron, na pasada edición, a traxectoria de José de Cora, director xeral de El Progreso e columnista de varios medios de comunicación. Ao longo da súa existencia, este galardón tamén recaeu no politólogo Xosé Luis Barreiro e en Xavier Vence.

O recoñecemento a Rodríguez terá lugar nun acto o 3 de maio, coincidindo co Día da Liberdade de Prensa.

Carlos Luis Rodríguez gaña o Premio Alvite polo seu labor como...
Comentarios