John Malkovich visita a Torre de Hércules tras homenaxear ao rabadense Chema Prado

O actor estivo na cidade herculina pola súa participación no ciclo en homenaxe ao rabadense

John Malkovich, en A Coruña. MONCHO FUENTES (EFE)
photo_camera John Malkovich, en A Coruña. MONCHO FUENTES (EFE)

O actor John Malkovich visitou este domingo a Torre de Hércules con motivo da súa participación este sábado no ciclo de cine en homenaxe ao rabadense Chema Prado no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) na Coruña.

O concelleiro de Culturas da cidade herculina, José Manuel Sande, e a xerente de Turismo da Coruña, Lanzada Calatayud, acompañaron ao actor, á tamén actriz Marisa Paredes e ao propio Chema Prado na visita ao monumento, que este ano celebra o seu décimo aniversario como Patrimonio Mundial.

John Malkovich participou o sábado pola tarde nun ciclo de cine en homenaxe a Chema Prado no CGAI, que rende tributo ao exdirector da Filmoteca Española cunha serie de proxeccións que poderán verse na Coruña ata o próximo mes de maio.

Comentarios