'Negra sombra', de Rosalía de Castro, chega a 'OT' das mans de Sabela

A pontesa demostrou unha vez máis ser unha embaixadora de Galicia dentro da academia

Sabela, en la gala 8 de 'OT'. YOUTUBE (OPERACIÓN TRIUNFO)
photo_camera Sabela. YOUTUBE (OPERACIÓN TRIUNFO)

Rosa Cedrón, Guadi Galego... e agora Rosalía de Castro. Sabela Ramil non deixa de presumir da música e a poesía galega en Operación Triunfo. A última ocasión na que a pontesa se atreveu cun tema en galego foi este mesmo martes, cando sentada no vestidor e sen máis florituras que a súa voz, arrincou a cantar Negra Sombra. 

Unha sentida interpretación coa que Sabela deixa claro que é unha auténtica embaixadora de Galicia dentro da academia. 

Non é a primeira vez que a concursante de As Pontes deixa brotar a morriña xa que hai uns días recoñecía que botaba de menos falar na súa lingua natal despois de dous meses de concurso. Ademais, a galega tamén fai un labor de divulgación na academia, ao ensinarlle aos seus compañeiros e mesmo a algúns profesores, palabras e expresións en galego.
 

Comentarios