miércoles. 08.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 08.12.2021
El tiempo

Touriñán volve á TVG con João Simoes e Mucha

Touriñán interpretando a Joao Simoes. EP
Touriñán interpretando a Joao Simoes. EP

O humorista recupera personaxes nun novo espazo dentro da programación de verán

O vindeiro mércores a Televisión de Galicia (TVG) estrea Toliños por ti, un espazo semanal que terá como protagonista o actor e humorista Xosé A. Touriñán e os seus múltiples personaxes: João Simões, Mucha, O Gorrilla, o xubilado, etc.

A cadea pública estreará tamén máis espazos na súa programación de verán. Outra aposta será o programa de humor Ecce Perdomo, co actor e cómico David Perdomo como protagonista. Os martes á noite, Perdomo comeza un programa propio. En cada capítulo transformarase nun estereotipo galego.

Non hai verán sen temporada do programa Vaia troula, que lles ofrece aos espectadores unha escolma dos festexos de toda Galicia. Baixo a batuta de Nieves Rodríguez, emitirase os domingos e comeza mañá co San Xoán.

A festa continuará a noite dos luns con Hoxe temos plan, un programa que ofrecerá reportaxes sobre celebracións do calendario festivo galego. Este luns será a quenda da romaría do Corpiño.

O martes tamén será A noite de..., un programa que porá en valor os 30 anos de arquivo da TVG. A primeira entrega estará dedicada a Benigno Campos, o cociñeiro do programa Larpeiros.

A cadea rematará os martes Festigaleando, un espazo que dará cobertura a certames de música alternativa, desde o Resurrection Fest ata o PortAmérica.

O mércores será o día de medir os Latexos da cidade, que tomará o pulso ás grandes urbes galegas a través dos seus habitantes.

A estas apostas sucederanas as series portuguesas Ouro verde e Verao M. Tamén chegarán á grella da Televisión de Galicia, o concurso A liga dos cantantes extraordinarios, que escollerá o mellor intérprete de orquestra; Escaparate, que se adentra en tendas de toda a vida, e o magazine Adiviña quen vén esta tarde, con entrevistas e reportaxes.

Touriñán volve á TVG con João Simoes e Mucha
Comentarios