
O ex do Deportivo debutou co Schalke 300 días despois tras superar unha pericarditis
Pablo Insua puxo fin a un calvario que duraba xa 299 días. O central de Arzúa, que destacou co Deportivo en Segunda e despois co Leganés, fichou polo Schalke 04 no verán pero non puidera debutar en partido oficial ata este sábado ao serlle diagnosticada unha pericarditis.
"Logo de moitos meses de traballo e moito sufrimento, conseguino", explicaba o galego a través da súa conta de Twitter tras xogar a última media hora na vitoria do seu equipo ante o Wolfsburgo. Suplente ao principio, ocupou o posto de Benjamin Stambouli. O Schalke pagara por el 3,5 millóns no verán.
Logo de moitos meses de traballo e moito sufrimento, conseguino ð???ð??? Moi feliz pola vitoria do equipo e polo meu debut na #BundesligaMoitas grazas a todos pola vosa axuda neste tempo ð???ð???\
s04 < href="https://twitter.com/hashtag/WOBS04?src=hash&ref_src=twsrc%5Etfw">#WOBS04 < href="https://t.co/E12hCLLeWs">pic.twitter.com/E12hCLLeWs <> — Pablo Insua (\insua93) 17 marzo 2018<>