domingo. 17.10.2021 |
El tiempo
domingo. 17.10.2021
El tiempo

José Mourinho: "Tiña que limpar e non quería, tiña que pasar o ferro e non sei como"

José Mourinho. EFE
José Mourinho. EFE
O técnico portugués repasou no seu regreso a Old Trafford a súa etapa á fronte do Manchester, cidade na que viviu nun hotel para non ter que facerse cargo das tarefas domésticas, entre outros motivos

José Mourinho, técnico do Tottenham Hotspur, falou sobre a súa volta este mércores a Old Trafford, onde pasou dúas tempadas e media, e dixo que volver ao campo do Manchester United é regresar a un sitio onde foi feliz.

"Teño unha boa relación cos afeccionados do United", dixo Mourinho, quen na súa etapa cos 'Diaños Vermellos' gañou tres títulos. "Volvera xa como comentarista de televisión, que é unha perspectiva diferente, e quedei encantado coa benvida que me deron", explicou o luso na rolda de prensa previa ao Manchester United-Tottenham Hotspur deste mércores

Ademais o técnico portugués tamén repasou a súa etapa persoal na cidade de Manchester. Mourinho recoñeceu que se foi a vivir a un hotel para evitar certas tarefas. "Sería infeliz se estivese só nunha casa [...] Tiña que limpar e non quería, tiña que pasar o ferro e non sei como, se tivese que cociñar faría só ovos fritos e salchichas porque é o único que sei facer"

A deste mércores será a primeira visita de Mourinho a Old Trafford desde que foi despedido hai un ano.

Co club de Mánchester conquistou unha FA Cup (Copa de Inglaterra), unha Liga Europa e unha Community Shield (Supercopa inglesa). 

José Mourinho: "Tiña que limpar e non quería, tiña que pasar o...
Comentarios