Valverde leva a Messi a Sevilla

O arxentino era dúbida tras non xogar dous amigables coa súa selección por problemas físicos

Leo Messi. EFE
photo_camera Leo Messi. EFE

O arxentino Leo Messi foi incluído na lista de convocados que fixo pública o Barcelona para o partido deste sábado ante o Sevilla (20:45), unha convocatoria na que tamén están xa recuperados das súas respectivas lesións Nélson Semedo e Denis Suárez.

Messi, que non xogou os dous partidos amigables coa selección arxentina (Italia e España, afectado de problemas físicos, foi convocado, aínda que iso non garante a súa presenza no once titular.

E é que o xogador finalizou con problemas físicos o último partido ligueiro disputado polo Barça ante o Athletic Club. Ademais a disputa da ida dos cuartos de final da Champions ante a Roma (mércores 4 de abril) podería supor que Messi non actuase en Sevilla.

As principais novidades na lista son o lateral dereito Nélson Semedo e o centrocampista Denis Suárez. Por contra son baixa o colombiano Yerry Mina e o carrilero Aleix Vidal, ademais dos lesionados Sergio Busquets e Lucas Digne.

Comentarios