Hotusa, a cadea do chantadino Amancio López Seijas, supera os 3.000 hoteis asociados

En 2018 incorporou máis de 300

Amancio López. AEP
photo_camera Amancio López. AEP

Hotusa, a cadea do chantadino Amancio López Seijas, alcanzou os 3.030 establecementos asociados tras incorporar o ano pasado máis de 300, "consolidándose así como principal consorcio hostaleiro do mundo", segundo un comunicado. 

O 85% das novas incorporacións son do estranxeiro e o resto son de España. Así, a súa presenza no mundo suma 71 países de Europa, Asia, África e América, e predominan os hoteis urbanos de catro estrelas con 90 habitacións. 

No estranxeiro destaca a presenza en Francia (359), Italia (325), Estados Unidos (104), Alemaña (103), Colombia (85) e México (84), e a compañía ten "unha estratexia de crecemento focalizada na expansión internacional". 

Comentarios