viernes. 22.10.2021 |
El tiempo
viernes. 22.10.2021
El tiempo

Os viaxeiros aloxados nos hoteis galegos crecen un 9,2% no mes de decembro

Vistas de la playa de Silgar desde un hotel de Sanxenxo. ALBA SOTELO
Vistas desde un hotel de Sanxenxo. ALBA SOTELO (ARCHIVO)

A estancia media diminuíu lixeiramente, de 1,90 a 1,87 días de media

A cifra de viaxeiros aloxados nos hoteis galegos creceu un 9,2% en decembro, en comparación co mesmo mes do ano anterior, segundo os datos feitos públicos este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE). En concreto, durante o último mes de ano aloxáronse nos hoteis galegos 220.745 persoas, 18.613 máis que o ano anterior. Por provincias, a maior cifra estivo na Coruña, con 94.747 viaxeiros, seguida de Pontevedra, con 75.279, Lugo, con 27.891, e Ourense, onde se aloxaron 22.828 persoas. 

Do mesmo xeito, a cifra de pernoctacións creceu neste mes un 7,8%, ao pasar das 383.233 de decembro de 2017 ás 413.219 deste ano. A estancia media, no entanto, diminuíu lixeiramente, de 1,90 a 1,87 días de media. Os prezos hostaleiros galegos experimentaron en decembro un incremento de 2,38 puntos de forma global. En concreto, os ingresos por habitación dispoñible situáronse en 16,65 euros, un 14,6% máis que o ano anterior, mentres que os ingresos por habitación ocupada subiron un 5,58%, até 56,18 euros de media.

DATOS NACIONAIS. Os hoteis españois rexistraron 340,2 millóns de pernoctaciones en 2018, o que supón un 0,1% menos que en 2017, o seu primeiro descenso desde o exercicio 2012. Esta diminución débese á baixada nun 0,4% das pernoctacións realizadas polos estranxeiros, xa que as efectuadas polos españois incrementáronse un 0,4% respecto de 2017. 

Segundo Estatística, en 2018 cubríronse, de media, o 60,4% das prazas ofertadas, cun descenso anual do 1%. O grao de ocupación por prazas en fin de semana retrocedeu un 0,7%, até o 66%. 

A taxa anual do Índice de Prezos Hostaleiros (IPH) situouse nunha media do 1,5% en 2018, cinco puntos por baixo da taxa rexistrada en 2017 e o seu aumento máis moderado desde o ano 2013. A facturación media por habitación ocupada (ADR) foi de 88,8 euros en 2018, mentres que o ingreso por habitación dispoñible (RevPar), condicionado á ocupación rexistrada, alcanzou os 59,4 euros de media. 

No último mes de 2018, as pernoctacións en establecementos hostaleiros incrementáronse un 2,6% respecto de decembro de 2017, até sumar 16,6 millóns, grazas ao impulso das pernoctacións do non residentes, que aumentaron un 5,2%, en contraste co retroceso do 0,9% das realizadas polos españois. 

Os viaxeiros aloxados nos hoteis galegos crecen un 9,2% no mes de...
Comentarios