Achan en Cambados o corpo dunha muller de 42 anos falecida hai varios días

Os seus veciños alertaron de que levaban tempo sen vela

O corpo sen vida dunha muller de 42 anos que faleceu hai varios días probablemente por causas naturais foi atopado na súa vivenda de Cambados

Fontes da Policía Local e a Garda Civil confirmaron a Europa Press que veciños desta muller alertaron de que non a viran desde varios días atrás.

Por este motivo, este martes en torno ao mediodía, axentes da Policía Local e a Garda Civil accederon ao inmoble, onde atoparon o corpo sen vida desta muller.

Posteriormente, sobre as 16,00 horas, procedeuse ao levantamento do cadáver, aínda que non se ordenou a realización dunha autopsia. Así, a Benemérita fíxose cargo da investigación, que apunta á posibilidade de que o falecemento se producise por causas naturais sobre uns sete días antes de atoparse o corpo.