sábado. 23.10.2021 |
El tiempo
sábado. 23.10.2021
El tiempo

Atopan restos humanos nunha leira en Boimorto

Paisaxe con néboa en Boimorto, A Coruña. Pepe Ferrín/AGN
Paisaxe con néboa en Boimorto, A Coruña. Pepe Ferrín/AGN
Está a investigarse se o achado corresponde a un home desaparecido en febreiro

Un veciño do municipio de Boimorto, na Coruña, atopou uns restos humanos no mediodía do domingo mentres rozaba unha leira da súa propiedade. 

Segundo informan fontes próximas á investigación a Europa Press, ata alí desprazouse a autoridade xudicial e agora procederase a realizar a autopsia. Así, investígase se estes restos humanos correspóndense cos dun octoxenario desaparecido en Boimorto o pasado 29 de febreiro. 

O home desaparecido, do lugar de Romelas, foi visto por última vez por unha veciña sobre as 20.00 horas do 29 de febreiro. A partir de aí, iniciouse un amplo dispositivo de procura durante varios días que non deu resultado.

Atopan restos humanos nunha leira en Boimorto
Comentarios