domingo. 28.11.2021 |
El tiempo
domingo. 28.11.2021
El tiempo

O BNG pide habilitar un procedemento que "axilice" a devolución das peaxes "abusivas" de Audasa

Puente de Rande. RAFA FARIÑA
Ponte de Rande. RAFA FARIÑA

Reclama unha auditoría das obras de ampliación de Rande e un protocolo para levantar as barreiras en caso de retencións 

O BNG trasladou este venres que "celebra" e "comparte" a demanda colectiva presentada pola Fiscalía de Pontevedra contra Audasa polo cobro de peaxes "abusivas" durante as obras de ampliación na Ponte de Rande, na AP-9. "Pensamos que é moi rigorosa e necesaria, porque non só pide a devolución das peaxes, senón a condena destas prácticas de cobrar a pesar de prestar un mal servizo", esgrimiu, nun comunicado, o portavoz parlamentario de infraestruturas da formación, Luís Bará. 

Neste sentido, o deputado nacionalista considera "imprescindible" pór en marcha un mecanismo que "facilite" a devolución das peaxes cobradas "de forma abusiva", tanto "pola elevada tarifa" como polo "deficiente servizo". De feito, indicou que o BNG xa presentou iniciativas no Parlamento para "establecer un procedemento áxil" para "a devolución das cantidades cobradas indebidamente". 

Para iso, remarcou que son "fundamentais" os rexistros da propia concesionaria sobre os usuarios que usaron a AP-9 nos horarios en que se produciron as retencións.

OUTRAS MEDIDAS. Ademais, Bará reclamou unha auditoría das obras de ampliación de Rande e un protocolo para levantar as barreiras en caso de retencións. Finalmente, o BNG defendeu que é "fundamental" que se cumpran "inmediatamente" os acordos aprobados polo Parlamento a instancias da formación nacionalista, no sentido de abrir un expediente sancionador desde o Ministerio de Fomento á concesionaria como consecuencia destas prácticas abusivas. 

O BNG pide habilitar un procedemento que "axilice" a devolución das...
Comentarios