viernes. 28.01.2022 |
El tiempo
viernes. 28.01.2022
El tiempo

Caballero cre que a baixa participación confire "debilidade" ás primarias do PP

Gonzalo Caballero Míguez. PEPE FERRÍN (AGN)
Gonzalo Caballero Míguez. PEPE FERRÍN (AGN)

O secretario xeral do PSdeG opina que "os procesos de cambio hai que facelos desde a participación"

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, considerou este mércores que a baixa porcentaxe de militantes do PP inscritos para participar no proceso de renovación interna do partido confírelle "certa debilidade" ao trámite de elección dun novo líder.

"Os procesos de cambio hai que facelos desde a participación", razoou Caballero nun audio remitido aos medios desde Bruxelas, onde se atopa de viaxe institucional. 

O dirixente socialista puxo como modelo a reorganización interna do PSOE, tanto no conxunto de España como en Galicia. 

En calquera caso, o secretario xeral dos socialistas galegos desexou aos populares "toda a sorte e fortuna posible" para que consigan acertar coa elección e consigan algo "importante"; abrir unha "nova etapa de exemplaridade" tamén desde a dereita do espectro político. 

O PP deu a coñecer este martes os datos provisionais dos afiliados que se inscribiron para participar nas primarias, co 7,6% do censo no conxunto de España e o 4,17% en Galicia.

Caballero cre que a baixa participación confire "debilidade" ás...
Comentarios