Controlado o incendio forestal de Viana do Bolo e estabilizado o de Manzaneda 

Este último municipio ourensán rexistrou durante a madrugada ata cinco incendios forestais
Incendio en Reigada. TWITTER
photo_camera Incendio en Reigada. TWITTER

A Consellería do Medio Rural deu por controlado o incendio forestal que desde a noite deste martes afectaba o municipio ourensán de Viana do Bolo, mentres que continúa estabilizado o de Manzaneda

En concreto, os efectivos de extinción lograron controlar pasadas as 19.00 horas deste mércores o lume iniciado na parroquia de Vilarmeao, en Viana do Bolo e que, segundo as estimacións actualizadas, afectou a unhas 24 hectáreas de monte raso.

Pola súa banda, continúa estabilizado desde pouco antes das 5.00 horas da madrugada o incendio iniciado ás 22.13 horas do martes en Manzaneda, concretamente na parroquia de Reigada, que queimou unhas 20 hectáreas. 

Este municipio ourensán rexistrou durante a madrugada ata cinco incendios forestais. Así, tamén está estabilizado outro lume rexistrado nesta mesma parroquia de Reigada e os efectivos de extinción lograron controlar dúas en San Miguel de Bidueira e outro en Cernado. Ningún deles supera as 20 hectáreas de afectación. 

Comentarios