Detida en Cans por atacar un policía que arrestaba a súa parella tras agredila

Os axentes localizaron a vítima dentro dun oco na vivenda. A moza dixo que a súa parella adoita pechala alí como "castigo"

A Policía Local de O Porriño detivo unha moza de 20 anos que arremeteu contra un dos axentes que estaba arrestando á súa parella, de 19 anos, logo de agredila e de incumplir unha orde de alonxamento respecto dela.

Tras recibir o aviso dun posible episodio de violencia machista nun domicilio da parroquia de Cans ao que a Policía realizaba un seguimento porque alí acudían mozos a comprar hachís, os axentes entrevistáronse co detido.

Este dixo que estaba só en casa, pero os axentes localizaron a vítima dentro dun oco que só podía abrirse desde fóra.

A moza dixo que a súa parella adoita encerrala alí como "castigo".

Sucede que cando os axentes procedían a deter ao varón, ela intentou evitalo e chegou a golpear un deles, polo que tamén foi detida.

No domicilio foron achadas 10 dose de hachís preparadas para a súa venda polo miúdo.

O Xulgado de primeira instancia e instrución número 3 de O Porriño decretou o ingreso en prisión do novo, e a liberdade con cargos da moza, coa obrigación de comparecencias semanais.