Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un home de 38 anos e iniciais L.E.L.L. por supostamente intentar asfixiar a súa parella, de 24 anos, taponándolle a boca e o nariz, informaron fontes policiais.
Un veciño requiriu a presenza policial na madrugada deste luns nun edificio da rúa Badaxoz tras escoitar a unha muller pedir auxilio.
Tras chamar con insistencia, un home abriu a porta do domicilio, en cuxo interior se atopaba a moza, quen relatou aos axentes que durante unha forte discusión coa súa parella, coa que convive, el abalanzouse sobre ela e tapoulle o nariz e a boca coa intención de asfixiala.
A moza puido zafarse do detido tras darlle unha dentada nun dedo e ir refuxiarse a unha habitación.
Tamén contou aos axentes que non é a primeira que ocorren feitos similares e que tiña a intención de denunciar a L.E.L.L. , quen, tras recoñecer o sucedido, foi detido polos axentes.
Detido en Vigo tras intentar asfixiar a súa parella
Un veciño requiriu a presenza policial tras escoitar a unha muller pedir auxilio
