Falece un bañista na praia de Porto Maior, en Bueu

O home quedou inconsciente cando se estaba dando un baño 
Praia de Porto Maior, en Bueu. GOOGLE MAPS
photo_camera Praia de Porto Maior, en Bueu. GOOGLE MAPS
Un home faleceu este martes na praia de Porto Maior, en Bueu, tras quedar inconsciente cando se estaba dando un baño, informaron fontes do 112 Galicia.

Os servizos sanitarios de urxencia só puideron certificar a morte deste bañista.

Pasados uns minutos das 14.30 horas un particular solicitou axuda para esta persoa, á que sacaran da auga inconsciente.

Ademais do 061 foron mobilizados a Policía Local e Protección Civil de Bueu, ademais da Garda Civil. 

Comentarios