Felipe Juan Froilán cumpre 20 anos e así foi a felicitación do Partido Froilanista

O colectivo publicou unha mensaxe nas redes sociais comparando ao fillo da infanta Elena con Mbappé

Felipe Juan Froilán.AEP
Felipe Juan Froilán.AEP

Felipe Juan Froilán de Todos los Santos, primeiro fillo da  infanta Elena e Jaime de Marichalar, cumpre este martes 20 anos. 

Entre as felicitacións públicas a Felipe Juan Froilán, destaca a do Partido Froilanista. O satírico colectivo lucense publicou unha mensaxe nas redes sociales nas que manifesta o seu desexo de que este ano "sexa o que marque o seu ascenso ao trono".

A "organización política" —segundo se describen nas redes— festexou as dúas décadas do neto dos reis eméritos comparando a súa figura coa doutro mozo nado tamén o 17 de xullo de 1998: o futbolista francés Kylian Mbappé. "Non é casualidade que o mesmo ano agasalla-se ao mundo coa nascenza de duas personalidades chamadas a marcar o camiño a seguer por duas nazóns. Un, destinado a reinar no fútebol europeio e outro destinado a reinar na Galiza e desde alí a extender o Seu Império até onde quera que nasza o sol", apunta o Partido Froilanista, que conclúe a súa mensaxe cun "Viva Froilán Rei!".
 

Comentarios