lunes. 29.11.2021 |
El tiempo
lunes. 29.11.2021
El tiempo

Beatriz Sestayo, nova xerente de Suelo Empresarial del Atlántico

Beatriz Sestayo.EP
Beatriz Sestayo.EP

A secretaria xeral do PSOE de Ferrol presentará de maneira "inminente" a súa dimisión como concelleira

A secretaria xeral do PSOE en Ferrol, Beatriz Sestayo, foi nomeada nova xerente da entidade Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), proposta realizada polo consello de administración desta sociedade, que está controlada de maneira maioritaria polo Ministerio de Fomento.

Tras este nomeamento, Sestayo ten previsto presentar de maneira "inminente" a súa dimisión como concelleira de Ferrol, onde é ademais portavoz do grupo municipal do PSOE, segundo trasladaron fontes consultadas por Europa Press. Sestayo deixa tamén o seu traballo como asesora xurídica no Centro Información á Muller (CIM) do concello de Ares.

Suelo Empresarial del Atlántico, S.L., é unha sociedade participada nun 83,44% polo Ministerio de Fomento do Goberno de España, a través de Sepes, Entidade Estatal de Chan, nun 14,26% pola Xunta, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, nun 1,65% por ABANCA e un 0,65% pola Xunta de Galicia, creada "co obxectivo de desenvolver e comercializar parques empresariais en Galicia".

A súa sede está en Santiago de Compostela, no baixo da rúa do Hórreo, número 86 e actualmente Suelo Empresarial del Atlántico dispón de parcelas en trece parques empresariais na comunidade galega, con máis de catro millóns de metros cadrados de chan industrial, en localidades como Laracha, Rianxo, A Pobra do Caramiñal, Cee, Muros, Vimianzo ou Malpica na provincia da Coruña; Monforte, Rábade, Mondoñedo e Chantada en Lugo ou Vilanova de Arousa e Catoira en Pontevedra.

O cargo fora ocupado polo socialista Pablo Arang~ena, que se presenta como número dous da candidatura do Partido Socialista ao Congreso pola provincia da Coruña. 

Beatriz Sestayo, nova xerente de Suelo Empresarial del Atlántico
Comentarios