A Garda Civil recupera en Madrid un cáliz do século XIX roubado hai 35 anos en Tomiño

O párroco de Tebra detectou que se estaba anunciando nunha páxina de internet para coleccionistas

La Guardia Civil recupera en Madrid un cáliz del siglo XIX robado hace 35 años en Tomiño. DP
photo_camera A Garda Civil recupera en Madrid un cáliz do século XIX roubado hai 35 anos en Tomiño. DP

A Garda Civil logrou localizar en Madrid e recuperar un cáliz subtraído na igrexa de Tebra no ano 1984. A denuncia do párroco desta parroquia de Tomiño facilitou unha operación na que participaron os equipos de Policía Xudicial da Garda Civil de Tui, Pontevedra e Madrid.

O sacerdote informou o posto de Tomiño en marzo do ano pasado que o cáliz se correspondía co que se estaba anunciando nunha páxina de internet para coleccionistas. Grazas a esta información e en colaboración cos equipos de Policía Xudicial foi posible recuperar esta obra de arte catalogada no obispado da Diocese de Tui Vigo.

Trátase dun cáliz de prata coa inscrición gravada do nome da súa parroquia, Tebra, obra do prateiro Pedro Antonio Carabelo. A Garda Civil identificou ao actual propietario, que declarou comprar a peza por uns mil euros a outra terceira persoa con domicilio á súa vez en Murcia.

A investigación realizada pola Garda Civil confirmou que os dous últimos propietarios do cáliz adquirírano a anticuarios, achegando a correspondente factura. O equipo de Policía Xudicial de Tui fixo entrega o cáliz hoxe ao cura párroco de San Salvador de Tebra no Porriño, en calidade de depositario, facéndolle saber que a peza se atopa a disposición do xulgado de instrución número 3 de Tui.

Comentarios