Un incendio calcina por completo unha casa no Porriño 

Ningunha persoa resultou ferida

Vivienda calcinada en O Porriño. TVG
photo_camera Vivienda calcinada en O Porriño. TVG

Un incendio rexistrado nunha casa situada no lugar da Relva, no termo municipal do Porriño, provocou que a vivenda ardese na súa totalidade a última hora da tarde deste xoves, pero ningunha persoa resultou ferida. 

Segundo informou o 112 Galicia, varios particulares avisaron deste lume ás 20.00 horas deste xoves e indicaron que a casa estaba habitada. 

Por iso, requiriuse a intervención dos Bombeiros do Porriño, da Garda Civil, do 061, da Policía Local e de Protección Civil. Ademais, o servizo de urxencias informou do ocorrido aos Bombeiros de Vigo. 

Unha vez no lugar do incendio, os servizos de urxencias sufocaron o lume, que deixou a vivenda completamente calcinada. As tarefas de extinción, apuntaron as mesmas fontes, finalizaron sobre as 23.50 horas. 
 

Comentarios