Unha moza de Bueu permanece atrapada seis horas nun coche por un descoido do seu noivo nunha voda

A parella da moza pechou o vehículo e foise á súa casa sen decatarse de que a muller se atopaba no interior

Unha moza de Bueu tivo que ser rescatada o pasado domingo por axentes da Garda Civil tras pasar case seis horas atrapada dentro dun coche, onde quedou encerrada tras asistir co seu noivo a unha voda. O home, segundo relatou aos axentes a súa parella, tras saír de madrugada da celebración decidiu deixar o coche no aparcadoiro do hotel no que tivo lugar o enlace e, sen darse conta de que a muller estaba dentro, pechou o vehículo con chave e foise a casa.

A alerta dérona unhas persoas que, sobre as dez da mañá, viron á moza encerrada no coche e pedindo axuda para saír do seu interior. O vehículo, ademais, quedouse sen batería e non era posible abrilo desde dentro nin baixar os portelos e ningún dos dous teléfonos que había no coche —o seu e o do seu noivo— tiña batería.

Os axentes, tras valorar se forzaban a fechadura ou rompían o portelo, optaron por acudir a casa da parella da moza, que estaba cerca do hotel, para buscar as chaves do coche. Este estaba a durmir tras a festa desa noite e espertouse ante o balbordo producido pola presenza policial.

Tras conseguir as chaves, os axentes regresaron ao aparcadoiro e liberaron á moza. Fontes do instituto armado aseguran que a Garda Civil ha tomado este episodio como un descoido e non se abriron dilixencias de ningún tipo. 

Comentarios