miércoles. 27.10.2021 |
El tiempo
miércoles. 27.10.2021
El tiempo

Shakira retira da súa xira un colgante similar a un símbolo nazi

El colgante de Shakira y el sol negro nazi. AEP
El colgante de Shakira y el sol negro nazi. AEP

A promotora asegura que está inspirado en imaxes precolombinas e non nas que usaban as SS alemás

Shakira retirou un colgante que utilizaba na súa xira El Dorado World Tour e que algúns seguidores criticaran porque é un símbolo similar a un que usaran as SS alemás e recuperaron os neonazis, segundo informou este venres Live Nation.

Nun comunicado, a empresa promotora da xira aclarou que o colgante está inspirado en imaxes precolombinas e o parecido coa imaxinería nazi é involuntaria.

Live Nation descúlpase "sinceramente pola similitude inadvertida" e aclara que o colgante se retirou definitivamente e non volverá utilizarse nos concertos da cantante colombiana. O colar é redondo e ten debuxado un sol negro, formado por dous círculos concéntricos e doce raios.

Shakira retira da súa xira un colgante similar a un símbolo nazi
Comentarios