Agosto despídese con bo tempo

As altas presións irán movéndose progresivamente cara ao norte durante a xornada deste xoves, achegando máis estabilidade.

Desta forma, a primeiras horas aínda haberá nubes baixas na metade norte, que tenderán a desaparecer para deixar unha tarde de ceo pouco nubrado ou despexado.

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos.

O vento soprará frouxo de compoñente norte, aumentando a nordeste moderado pola tarde no litoral norte.

Temperaturas extremas previstas nas cidades:
A Coruña 18° 23°, Ferrol 15° 26°, Lugo 15° 28°, Ourense 16° 33°, Pontevedra 14° 27°, Santiago de Compostela 14° 27°, Vigo 14° 26°. 

Comentarios