
O mércores Galicia quedará nunha situación intermedia entre as baixas presións do Mediterráneo e o anticiclón dos Azores. Será un día de ceos pouco anubrados ou despexados en xeral, con bancos de néboa matinais na provincia de Lugo e brétemas costeiras que irán entrando polo litoral atlántico co avance do día.
Pola tarde en zonas de interior medrarán algunhas nubes de evolución que mesmo poden dar lugar a algún chuvasco treboento ocasional As temperaturas continuarán sen cambios ou cun lixeiro descenso. O vento soprará moi frouxo de dirección variable, con predominio da compoñente norte.