miércoles. 26.01.2022 |
El tiempo
miércoles. 26.01.2022
El tiempo

Ceos despexados para comezar a semana en Galicia

Durante a xornada do luns Galicia permanecerá na influencia das altas presións que continuarán achegando estabilidade e vento de compoñente norte.

Isto fará que se dean nubes de estancamento no norte durante as primeiras e últimas horas do día e néboas matinais polas Rías Baixas; no resto ceo despexado.

Pola tarde entrarán nubes altas e crecerán nubes de evolución en zonas altas do interior.

As temperaturas non terán cambios significativos.

Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte, con intervalos de moderado no litoral da Coruña. 

As temperaturas máximas nas cidades serán: A Coruña 16º 24º; Ferrol 16º 27º; Lugo 16º 27º; Ourense 16º 31º; Pontevedra 15º 28º; Santiago 15º 24º; Vigo 16º 25º. 

Ceos despexados para comezar a semana en Galicia
Comentarios